Pass Vigo
Acceso usuarios rexistrados:

O contedor de tapa marrón chega a Vigo

Para poder abrilo hai que empregar a Tarxeta PassVigo

 

  • Están destinados ao depósito de aqueles restos que se producen na preparación das comidas, crudas ou cociñadas e calquera sobras das mesmas.
  • E moi importante que os restos se depositen sen ningún tipo de envase, en bolsas biodegradables.
  • O obxectivo é transformar os restos orgánicos en compost.

 

Chegan a Vigo os contedores de tapas marróns. Estes contedores teñen por obxecto o depósito de aqueles restos que se producen na preparación das comidas, crudas ou cociñadas e calquera sobras das mesmas como: cáscaras de ovo, peladuras de patacas e froitas, borras do café, restos de infusións, etc. Tamén admiten tapóns de cortiza ou pequenos restos vexetais.

O obxectivo é dar unha segunda vida a ese tipo de residuos, obtendo un abono natural de calidade que se poida utilizar tanto para a agricultura como para a xardinería.

Non poderán usarse, polo tanto, para depositar desperdicios como os restos de varrer, cinza ou cabichas, cueiros, compresas ou outros produtos hixiénicos, excrementos dos animais de compañía como cans ou gatos. Todos estes residuos deberán depositalos no colector de lixo de sempre (fracción resto).


Unha das principais novidades deste contedor, do que se instalarán como experiencia piloto en Navia e Castelao 69 unidades, é que para poder abrilos haberá que empregar a Tarxeta PassVigo e para depositar os residuos, é moi importante facelo en bolsas biodegradables.


Estes contedores súmanse aos xa existentes na cidade, para a recollida diferenciada de papel e cartón (azul), envases de vidro (verde), envases de plástico, bricks e latas (amarelo), pilas fora de uso, aceite usado, e roupa, calzado e complementos.

 

Video Explicativo  

Diptico Informativo

Plano Ubicaciones

 

*Os colectores abrense con unha tarxteta PassVigo

*Máis info en tlf 010 do Concello (http://hoxe.vigo.org), ou tlf: 986 485 682 de FCC. (www.fcc.gal), ou na plataforma da tarxeta PassVigo.

*a solicitude da tarxeta realizarase polo cauce actual.

*incidencias comunicalas ao tlf 010