Pass Vigo

Hoxe: Poderás utilizala no servizo de transporte público municipal, para asociala a o teu usuario dos centros deportivos, e moito máis: maior rapidez, procedementos máis sinxelos para os trámites, facilidade de recarga, durabilidade da tarxeta, envío a domicilio…

E, ademais, grazas á súa tecnoloxía sen contacto, non terás nin que sacala da carteira para poder usala.

Mañá: vivirás toda a cultura que Vigo che oferta, poderás pagar o estacionamento da O.R.A….

 

Servizos PassVigo 

 

Transporte: . A nova tarxeta PassVigo substituirá ao anterior tarxeta para o uso do servizo de transporte público municipal prestado por Vitrasa. Este sistema permite cargar diñeiro no moedeiro da tarxeta, descontándose o prezo do billete cada vez que o titular utilice o autobús. A contía que descontará a máquina será a que corresponda á tarifa asociada ó tipo de perfil do titular.


A nova tarxeta PassVigo pódese recargar actualmente en calquera caixeiro ABANCA, e nun futuro a través da web, en instalacións deportivas e edificios públicos

Recargar a nova tarxeta PassVigo é unha operación que non supón comisións ou gastos para o cidadán.

Bibliotecas: (servizo dispoñible nun futuro). A nova tarxeta PassVigo substituirá ao anterior carné de bibliotecas municipais. Permitirá a identificación en bibliotecas, realizar consultas e préstamos de libros.


Instalacións deportivas municipais. A nova tarxeta PassVigo asociada o teu usuario do centro deportivo permitiráte o acceso a os servizos deportivos municipais igual que o carné de socio.

Ampliación de servizos. A nova tarxeta PassVigo estará en contínua evolución e permitirá en breve a prestación de novos servizos como por exemplo abonar recibos, realizar trámites en liña a través da páxina web do Concello de Vigo ou abonar a taxa de estacionamento limitado

 

¡E moito máis! A PassVigo nace para crecer.