Pass Vigo
Acceso usuarios rexistrados:

Que é e para que serve a miña Tarxeta PassVigo?

A tarxeta PassVigo é a nova tarxeta que permitirá ás viguesas e vigueses acceder a un gran número de servizos municipais, converténdose nunha credencial de identidade cidadá.

A nova tarxeta PassVigo substitúe á antiga Tarxeta Verde de transporte. Pero non só iso, senón que, ademais de poder seguir viaxando con descontos de forma cómoda e rápida a calquera punto da cidade nos buses máis modernos do país, nun futuro permitiralle acceder a múltiples funcionalidades doutros servizos municipais, permitíndolle por exemplo o pago da O.R.A., usala como medio de identificación en instalacións deportivas ou culturais, etc.

 

Cando caduca a miña Tarxeta PassVigo?

Pode consultalo pulsando aquí.

 

Solicitei un duplicado da miña PassVigo e xa me chegou. Como recupero o saldo que tiña na tarxeta anterior?

Solicite o traspaso do seu saldo pulsando aquí.

24 horas despois de facer a solicitude, confirme a operación nun caixeiro ABANCA na opción ABONOS PENDENTES. 

 

Onde podo solicitar a una tarxeta PassVigo?

Enpassvigo.vigo.org,cumplimentando os datos solicitados. Esta é a forma máis rápida e sinxela de presentar a súa solicitude. Alí atopará, ademais, toda a información sobre os requisitos e documentación que deberá presentar para cada servizo e perfil de usuario.

Se precisas axuda, contaca con PassVigo aquí.

  

Que documentación necesito para solicitar a nova tarxeta PassVigo?

Para facer a solicitude, debe aportar o DNI. Se está empadroado en Vigo, non necesitará aportar o padrón. En caso contrario, deberá adxuntar o voante de empadroamento actualizado do seu concello.

En función do tipo de tarxeta, requerirase unha documentación específica. Consulte a documentación a aportar en cada caso no vínculo de requisitos da  solicitude web.

Unha vez aprobada a solicitude, a tarxera enviarase ó seu domicilio ou recibirá vostede un correo electrónico cos pasos que deberá seguir.

 

Que tipo de arquivos podo utilizar para achegar a documentación nas solicitudes da web?

Para achegar a documentación nas solicitudes web, admítense os formatos .pdf, .jpg, .png y .gif

O tamaño máximo do arquivo é 15 megas.

   

Solicitei a miña nova tarxeta PassVigo pero aínda non a recibín.

Unha vez aprobada a solicitude, pasará un período aproximado de 10 días laborables ata a entrega no domicilio. No caso de ter pasado ese tempo sen recibila, póñase en contacto con PassVigo.

 

Canto costa solicitar a nova tarxeta PassVigo?

A emisión da primeira tarxeta PassVigo é gratuíta. Os duplicados por perda, roubo ou extravío, así como no caso de mala conservación por parte do cliente que impida o seu funcionamento, terán un custo de 5 €.

 

Teño perfil de Pensionista. Que teño que facer para poder usar a miña tarxeta PassVigo?

Para poder usar a PassVigo, debe proceder á súa previa activación:

  • Na páxina passvigo.vigo.org: no apartado de activación, cumprimentando os datos requiridos no formulario (DNI e nº de tarxeta PassVigo)

Se precisa axuda, contacte con PassVigo aquí.

 

Son Pensionista e xa activei a miña tarxeta. Cando podo usala nun autobús?

O período de tempo necesario para que o sistema de por activada una tarxeta é de entre 24 e 48 horas laborables.

  

Se quero cambiar o perfil de transporte que teño na nova PassVigo. Que teño que facer?

Se xa ten a nova tarxeta PassVigo, e quere incorporar novos servizos ou cambiar o tipo de tarxeta asociado á mesma (exemplo: pasar de tarxeta Estudante a Universitario), debe presentar a documentación correspondente ao novo tipo de tarxeta. Do mesmo xeito, se precisa facer cambios en datos persoais, deberá presentar a documentación correspondente. 

Este tipo de xestións requiren de atención presencial. Pode solicitar a súa cita previa aquí.

 

Cal é o meu usuario e contrasinal para o portal PassVigo?

Pode consultar o seu usuario aquí.

Pode recuperar a súa contrasinal aquí.

En calquera outro caso, o usuario por defecto é o NIF (con letra), e o contrasinal correspóndese co identificador que se lle facilitará na carta coa que lle faremos chegar a súa tarxeta.

 

O meu fillo é menor e non ten DNI. Pode solicitar a nova tarxeta PassVigo?

Para solicitar a nova tarxeta  PassVigo sempre é necesario que o titular dispoña de DNI/NIF/NIE.

 

Como renovo a miña tarxeta cando caduque o perfil?

Presentando a documentación necesaria para a renovación, de forma telemática na web passvigo.vigo.org.

Recorda que se a túa tarxeta é de tipo “Normal”, “Pensionista” ou “Universitario”, renovase automáticamente.

 

Coa miña nova tarxeta PassVigo. Que pasa se caduca o perfil e non renovei a tarxeta?

Se non renovou por non cumprir os requisitos do perfil actual, e cumpre os de outro perfil, pode solicitar o cambio de perfil.

Non obstante, se o seu perfil caducou e non realizou o cambio a outro perfil, poderá seguir utilizando a súa tarxeta pero coa tarifa ordinaria sen bonificar. Se ten saldo, poderá pagar o billete de autobús como se pagase en efectivo. 

 

Como podo ver cando caduca o perfil da tarxeta PassVigo?

Validando o seu usuario na web ten acceso a toda a información da tarxeta PassVigo. Consulteo aquí.

 

Que información da miña nova tarxeta podo consultar en passvigo.vigo.org?

Validando o seu usuario na web passvigo.vigo.org pode consultar entre outros:

  • Datos persoais
  • Datos de movementos realizados
  • Data de caducidade da tarxeta
  • Saldo da tarxeta (estimado)
  • Solicitude de renovación
  • Estado de tramitación das solicitudes
  • Etc.

Onde podo recargar a tarxeta PassVigo?

En calquera caixeiro de ABANCA. Pode ver a relación de oficinas aquí.

 

Cal é a recarga mínima da nova tarxeta PassVigo?

Como a actual, o mínimo é de 10 €. As recargas deben realizarse en múltiplos de 5 €.

Para a recarga en efectivo en caixeiro, é necesario introducir o IMPORTE EXACTO que se desexa recargar.

 

Como podo saber o saldo real que me queda na miña tarxeta PassVigo?

Pode consultalo nos caixeiros de ABANCA ou ó validar a tarxeta nos autobuses.

 

Que fago se perdo ou me rouban a nova tarxeta PassVigo?

Pode solicitar un duplicado da tua tarxeta aquí.

A emisión dun duplicado supón un coste de 5€

 

A miña nova tarxeta PassVigo non funciona

No caso de que a súa tarxeta PassVigo non funcione, comprobe que activou a tarxeta, que non está caducado o perfil, e que teña saldo suficiente.

Se aínda así non lle funciona, póñase en contacto con PassVigo aquí.

 

Que debo facer se teño algunha incidencia coa miña tarxeta PassVigo?

Póñase en contacto con PassVigo aquí.

 

Quero cambiar os meus datos de contacto (teléfono, enderezo, correo electrónico...). Que debo facer?

Pode modificar os seus datos aquí.

 

Como pago o autobús coa tarxeta PassVigo?

Achegando a tarxeta PassVigo á imaxe círculos da máquina do condutor.

Máquina Conductor 

Como se recarga a tarxeta PassVigo nos caixeiros de ABANCA?

Pasos para a recarga:

  • Aproxime a súa tarxeta ó lector sen contacto. a tarxeta PassVigo non debe introducirse na ranura de tarxetas.
  • Unha vez detectada a tarxeta, o caixeiro ofrecerá as opcións dispoñibles. Para a recarga seleccione a opción correspondente e siga as instrucións.
  • Recarga en efectivo: cando se lle indique, introduza o importe EXACTO a través da ranura de billetes.
  • Recarga con tarxeta bancaria: introduza a tarxeta e teclee o importe de recarga. As tarxetas bancarias de ABANCA non xeran comisión. As tarxetas de terceiras entidades aplicarán unha comisión á operación de recarga, cuxo importe se informará ó usuario antes de facer efectiva a operación.

Instrucións para a Recarga:

Recarga_PASSVIGO_efectivo

Recarga_PASSVIGO_tarjeta_financiera