Pass Vigo

Pode solicitar a nova tarxeta PassVigo a través das seguintes canles:

Web

A través desta páxina web, dende o apartado solicitar tarxeta. Cumprimentada a súa solicitude, recibirá un correo electrónico informando do estado de tramitación. Unha vez aprobada a súa solicitude enviaráselle a tarxeta ó enderezo de envío que indicou.

Presencial

De maneira presencial nunha das seguintes localizacións:

Sede de Vitrasa: Estrada de Camposancos, 36 de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:00 h.

Lonxa do Concello de Vigo: Oficina Tarxetas Transporte Público, de luns a venres en horario de mañá de 8:00 a 14:00 h.