Pass Vigo

A nova tarxeta PassVigo é un documento polivalente que identificará ao seu titular, permitíndolle acceder aos distintos servizos municipais, como tarxeta de transporte, piscinas, bibliotecas, sustituindo aos antigos carnés de socio, abonar recibos ou realizar trámites en liña a través da páxina web do Concello de Vigo.

Esta tarxeta, de uso persoal e instransferible, substitúe a outros sistemas de identificación ou de pago anteriormente vixentes para os mencionados servizos.

Unha tarxeta única para gozar da nosa cidade presente e futura, simplificando o uso dos diferentes servizos municipais nun só soporte.

Nestes momentos está dispoñible xa o servizo de transporte e os demais servizos estarán dispoñibles en breve.

Servizos dispoñibles

Transporte

Pago do servizo municipal de transporte. Poderás moverte con facilidade por toda a cidade.

Próximos servizos

Deportes

Uso das instalacións deportivas, piscinas e pabillóns municipais e complexos.

Cultura

Préstamo de libros en bibliotecas, adquisición de entradas para concertos…

O.R.A.

Moi pronto se poderá abonar a taxa de estacionamento limitado mediante o uso da nova tarxeta PassVigo.

Administración electrónica

Medio de identificación para acceder aos servizos da Carpeta Cidadá como o rexistro electrónico, trámites online, notificacións electrónicas, consulta de solicitudes, padrón de habitantes, recibos, multas, ...