O servizo municipal de transporte público de viaxeiros en Vigo é prestado pola empresa Vitrasa.
A compañía dispón na actualidade dunha flota de 126 autobuses, que facilitan a mobilidade entre os principais barrios e parroquias do Concello.
Hoxe: viaxar con grandes descontos nos buses máis modernos do país, que te levan cómoda e rapidamente na túa liña, á túa hora, a calquera punto da cidade. Así mesmo poderás realizar, como ata agora, Transbordo Gratuíto entre dúas liñas de trasporte urbano, permitíndote unir dous puntos da cidade que non teñan comunicación directa.
Mañá: vivirás toda a cultura que vigo che oferta, nadarás nas piscinas municipais, practicarás o teu deporte favorito., poderás pagar o estacionamento da O.R.A. e moito máis.
E sen ter que sacala da carteira.
Poderás ver a listaxe de tarifas na seguinte ligazón:
Poderás ver a listaxe de liñas e horarios na seguinte ligazón: