Pass Vigo

Que é e para que serve a miña Tarxeta PassVigo?

A tarxeta PassVigo é a nova tarxeta que permitirá ás viguesas e vigueses acceder a un gran número de servizos municipais, converténdose nunha credencial de identidade cidadá.

A nova tarxeta PassVigo substitúe á antiga Tarxeta Verde de transporte. Pero non só iso, senón que, ademais de poder seguir viaxando con descontos de forma cómoda e rápida a calquera punto da cidade nos buses máis modernos do país, nun futuro permitiralle acceder a múltiples funcionalidades doutros servizos municipais, permitíndolle por exemplo o pago da O.R.A., usala como medio de identificación en instalacións deportivas ou culturais, etc.

 

Onde podo solicitar a nova tarxeta PassVigo?

Telematicamente, en passvigo.vigo.org, cumplimentando os datos solicitados. Esta é a forma máis rápida e sinxela de presentar a súa solicitude. Alí atopará, ademais, toda a información sobre os requisitos e documentación que deberá presentar para cada servizo e perfil de usuario.

Presencialmente, na Oficina de Tarxetas de Transporte Público situada na Lonxa do Concello de Vigo, ou nas oficinas centrais de Vitrasa en Estrada de Camposancos, 36.

  

Que documentación necesito para solicitar a nova tarxeta PassVigo?

Para a solicitude debe acreditar a súa identidade e cumprimentar o formulario, ben na web ou presencialmente nas oficinas de xestión. En función do servizo ou perfil, requírese unha documentación específica. Consulte a documentación a aportar no vínculo de requisitos da  solicitude web.

Pode presentar a solicitude nas oficinas de xestión outorgando representación a un terceiro, cubrindo a seguinte autorización. O representante debe identificarse en todo caso aportando o seu DNI orixinal ou documento identificativo equivalente.

Unha vez aprobada a solicitude, enviarase ó domicilio de envío indicado na mesma.

 

Que tipo de arquivos podo utilizar para achegar a documentación nas solicitudes da web?

Para achegar a documentación nas solicitudes web, admítense os formatos .pdf, .jpg, .png y .gif

O tamaño máximo do arquivo é 15 megas.

 

Onde podo atopar o formulario de substitución de tarxeta?

A forma máis sinxela e segura de solicitar a substitución da tarxeta verde é a través da web.

Tamén pode descargar o arquivo aquí, solicitar o formulario de substitución nas oficinas de xestión anteriormente descritas ou entregando o cupón de substitución que aparece no folleto informativo da tarxeta PassVigo, debidamente cumprimentado, nos puntos habilitados. Tamén pode envialo ó correo eléctrónico passvigo@vigo.org 

 

Como podo saber se van enviarme a tarxeta de forma anticipada?

Pode informarse entrando no apartado SOLICITUDE da páxina web passvigo.vigo.org, introducindo o seu DNI. Se a súa tarxeta é unha das que foron procesadas anticipadamente para o seu envío, aparecerá unha mensaxe informativa comunicándolle que a súa tarxeta PassVigo está incluída no proceso de envío anticipado.

 

Por que chegou a tarxeta PassVigo ao meu domicilio se non a solicitei?

Enviamos a tarxeta PassVigo de forma anticipada a aqueles usuarios habituais que teñan movementos coa súa Tarxeta Verde de transporte no derradeiro ano, e dos que se dispoña de datos completos e cumpran os requisitos.

 

Solicitei a miña nova tarxeta PassVigo pero aínda non a recibín.

Unha vez aprobada a solicitude, pasará un período aproximado de 15 días ata a entrega no domicilio. No caso de ter pasado ese tempo sen recibila, debe informar da incidencia no teléfono 986 91 92 99.

 

Canto costa solicitar a nova tarxeta PassVigo?

A emisión da primeira tarxeta PassVigo é gratuíta. Os duplicados por perda, roubo ou extravío, así como no caso de mala conservación por parte do cliente que impida o seu funcionamento, terán un custo de 5 €.

 

Teño perfil de Pensionista. Que teño que facer para poder usar a miña nova tarxeta PassVigo?

Para poder usar a nova PassVigo, debe proceder á súa previa activación:

  • Na páxina passvigo.vigo.org: no apartado de activación, cumprimentando os datos requiridos no formulario (DNI e nº de tarxeta PassVigo)
  • Chamando ó teléfono 986 91 92 99

 

Son Pensionista e xa activei a miña tarxeta. Cando podo usala nun autobús?

O período de tempo necesario para que o sistema de por activada una tarxeta é de entre 24 e 48 horas.

 

Que pasa co saldo que teño na miña Tarxeta Verde?

Pode consumilo ata o fin de uso da Tarxeta Verde. Despois desa data, poderá traspasar o saldo remanente á súa nova tarxeta PassVigo nun caixeiro de ABANCA.

 

Se quero cambiar o perfil de transporte que teño na nova PassVigo. Que teño que facer?

Se xa ten a nova tarxeta PassVigo, e quere incorporar novos servizos ou cambiar o perfil de transporte asociado á mesma, debe presentar a solicitude debidamente cumprimentada, así como a documentación requirida en función do perfil ou servizo. Esta operación é totalmente gratuíta.

Poderá realizar a solicitude de forma presencial nas oficinas de xestión.

 

Cal é o meu usuario e contrasinal para o portal PassVigo?

Se realizou a solicitude da nova tarxeta PassVigo mediante a páxina web, o usuario e contrasinal é o que introduciu no momento da solicitude. Se realizou a solicitude presencialmente, é o que se lle facilitou no proceso de solicitude. 

En calquera outro caso, o usuario por defecto é o NIF (con letra), e o contrasinal correspóndese co identificador que se lle facilitará na carta coa que lle faremos chegar a súa tarxeta.

 

O meu fillo é menor e non ten DNI. Pode solicitar a nova tarxeta PassVigo?

Para solicitar a nova tarxeta  PassVigo sempre é necesario que o titular dispoña de DNI/NIF/NIE.

 

Como renovo a miña tarxeta cando caduque o perfil?

Como ata agora, presentando a documentación necesaria para a renovación, de forma telemática na web passvigo.vigo.org ou ben presencialmente nas oficinas de xestión. 

 

Coa miña nova tarxeta PassVigo. Que pasa se caduca o perfil e non renovei a tarxeta?

Se non renovou por non cumprir os requisitos do perfil actual, e cumpre os de outro perfil, pode solicitar o cambio de perfil presencialmente nas nosas oficinas, aportando a documentación requirida para o perfil que desexe.

Non obstante, se o seu perfil caducou e non realizou o cambio a outro perfil, poderá seguir utilizando a súa tarxeta pero coa tarifa ordinaria sen bonificar. Se ten saldo, poderá pagar o billete de autobús como se pagase en efectivo. Neste caso, debe validar a tarxeta na máquina do condutor, que emitirá un billete impreso.

 

Como podo ver cando caduca o perfil da nova tarxeta PassVigo?

Nos caixeiros de ABANCA e en passvigo.vigo.org. Validando o seu usuario na web ten acceso a toda a información da nova tarxeta PassVigo.

 

Que información da miña nova tarxeta podo consultar en passvigo.vigo.org?

Validando o seu usuario na web passvigo.vigo.org pode consultar entre outros:

  • Datos persoais
  • Datos de movementos realizados
  • Data de caducidade da tarxeta
  • Saldo da tarxeta (estimado)
  • Solicitude de renovación
  • Estado de tramitación das solicitudes
  • Etc.

 

Onde podo recargar a tarxeta PassVigo?

En calquera caixeiro de ABANCA que dispoña de dispositivo de lector sen contacto. Pode ver a relación de oficinas aquí.

 

Cal é a recarga mínima da nova tarxeta PassVigo?

Como a actual, o mínimo é de 10 €. As recargas deben realizarse en múltiplos de 5 €.

 

Como podo saber o saldo real que me queda na miña tarxeta PassVigo?

Pode consultalo nos caixeiros de ABANCA ou ó validar a tarxeta nos autobuses.

 

Que fago se perdo ou me rouban a nova tarxeta PassVigo?

Para poder solicitar un duplicado, debe acudir ás oficinas de xestión, e entregar unha declaración responsable (descargar formulario) xunto coa solicitude debidamente cumprimentada. A emisión dun duplicado supón un custo de 5 €.

 

A miña nova tarxeta PassVigo non funciona

No caso de que a súa tarxeta PassVigo non funcione, comprobe que activou a tarxeta, que non está caducado o perfil, e que teña saldo suficiente.

Se aínda así non lle funciona, póñase en contacto connosco no teléfono 900 87 86 59 para resolver a incidencia, e realizar un duplicado se é necesario.

 

Que debo facer se teño algunha incidencia coa miña tarxeta PassVigo?

No caso de ter algunha incidencia coa tarxeta, pode poñerse en contacto connosco a través do teléfono 986 91 92 99, ou acudir ás oficinas de xestión:

  • Lonxa do Concello de Vigo. Oficina xestora Tarxetas de Transporte Urbano. Pza. Rei s/n
  • Oficinas centrais de Vitrasa. Estr. Camposancos, 36

Consulte os horarios de atención ó público destas oficinas aquí.

 

Quero cambiar os meus datos de contacto (teléfono, enderezo, correo electrónico...). Que debo facer?

Se desexa modificar algún dos datos persoais que figuran na súa tarxeta pode modificalos directamente na web passvigo.vigo.org, validándose co seu usuario e contrasinal, ou ben acudir a calquera das oficinas de xestión para solicitar dito cambio, e os datos da súa tarxeta serán actualizados ó momento.

 

Como pago o autobús coa tarxeta PassVigo?

Achegando a tarxeta PassVigo á imaxe círculos da máquina do condutor.

Máquina Conductor

 

Como se recarga a tarxeta PassVigo nos caixeiros de ABANCA?

Os caixeiros habilitados para a recarga son os aquí relacionados.

Pasos para a recarga:

  • Aproxime a súa tarxeta ó lector sen contacto. a tarxeta PassVigo non debe introducirse na ranura de tarxetas.
  • Unha vez detectada a tarxeta, o caixeiro ofrecerá as opcións dispoñibles. Para a recarga seleccione a opción correspondente e siga as instrucións.
  • Recarga en efectivo: cando se lle indique, introduza o diñeiro a través da ranura de billetes.
  • Recarga con tarxeta bancaria: introduza a tarxeta e teclee o importe de recarga. As tarxetas bancarias de ABANCA non xeran comisión. As tarxetas de terceiras entidades aplicarán unha comisión á operación de recarga, cuxo importe se informará ó usuario antes de facer efectiva a operación.

Instrucións para a Recarga:

Recarga_PASSVIGO_efectivo

Recarga_PASSVIGO_tarjeta_financiera